Bos días!
antes de nada aproveitar para agradecer e poñer en valor o enorme traballo que @nekerafa está a realizar. Escribo este post porque xurdiume a duda e quería preguntar se a idea de foros.fediverso.gal é ser un foro de apoio a mastodon.gal ou pola contra vai expandirse a algo máis aberto similar a Reddit, onde poder crear comunidades sobre ciencia, astronomía, tecnoloxía, fotografía ou makers (que son a miñas inquietudes pero de seguro que outra xente terá suxerencias distintas).
Apertas
A comunidade do fediverso.gal
@xurxia @hugo Si, de feito estaba @ghose a probar dende a instancia de lemmy.ml e parece que xa está funcionando ben a federación. E ao final non temos porque estar es mesmes usuaries en mastodon que en lemmy, xa que incluso cunha conta alí podes ver a nosa instancia de mastodon.gal como se fora outra comunidade (ex. https://foros.fediverso.gal/u/nekerafa@mastodon.gal)
Si, parece funciionar ben a federación 👌
Non hai que tirarse a lo loco a montar servizos, IMO.
Mirade canta xente escribe no mastodon. Que si, que está ben 😉, pero Rafa nun mes vai poder volver a un servidor menor porque a maior parte desas 1000 e pico contas só viñeron ver que era isto co calentón do Musk pero seguen en twitter. Ollo! que fagan o que queiran, falo no contexto de que exista unha comunidade que use os servizos ofrecidos.
Poñer aquí un Recuncho Maker, un Android, lgtbi+ só para contas rexistradas (zona “segur”), dúbidas infórmáticas, zona literatura en galego, os deportistas,… son comunidades que poderían ter un foro, tal como decides.
Comentar DESDE mastodon é toda unha vantaxe
BTW, estou escribindo desde a app Lemmur 😅
@ghose o do recuncho maker chámame moito, e tamén supoño que as xentes de @GalizanGamer tamén poderiamos crear unha comunidade se queren gaming. Ao final é ir configuralo ao noso gusto
Eu uso Remmel para iOS e a experiencia é moi boa, a verdade