Bos días!
antes de nada aproveitar para agradecer e poñer en valor o enorme traballo que @nekerafa está a realizar. Escribo este post porque xurdiume a duda e quería preguntar se a idea de foros.fediverso.gal é ser un foro de apoio a mastodon.gal ou pola contra vai expandirse a algo máis aberto similar a Reddit, onde poder crear comunidades sobre ciencia, astronomía, tecnoloxía, fotografía ou makers (que son a miñas inquietudes pero de seguro que outra xente terá suxerencias distintas).
Apertas
A comunidade do fediverso.gal
si, de feito agora, aproveitando o ponte, íaos preguntar a tí, @xurxia, e ao resto da xente que me dixo, para ir montando cosiñas e deixando tamen o lemmy como punto das propostas, ir creando as comunidades para ir falando do que fai falta (coma se a xente quere ir creando as instancias e vemos de ir facendo a rede máis grande)
Entón… dámoslle vidilla ó tema? Qué podemos facer para te axudar? 😊
@xurxia pois mira, agora nun ratiño vou poñer máis seccións nos foros, e quería facer un repositorio en gitlab para empezar a deseñar a páxina principal de fediverso.gal. Quen queira, tendo as bases do repo, pode empezar a facer pull request para ir deseñando o texto, o layout, etc…
Perfecto! Inda que hai tempo que non traballo co git, vasme ter que dar unhas clases rápidas! 😂 Aproveito para preguntar (igual xa o dixeras e non o vin), cáles van ser inicialmente os servicios de fediverso.gal? Mastodon, Lemmy… algún máis coma pixelfed? Só por curiosidade
@xurxia pois eu tiña pensado pixelfed e writefreely (teño os dominios ahí, pero sen usar ainda) Ao final entre cumpres e viaxes no me da o tempo (por iso quería deixar os foros listos pero vai ser que non, esta semana sen falta o deixo)
Xenial. Son usuario de ambos servicios. Writefreely o teño nunha raspberry 😂