Bos días!
antes de nada aproveitar para agradecer e poñer en valor o enorme traballo que @nekerafa está a realizar. Escribo este post porque xurdiume a duda e quería preguntar se a idea de foros.fediverso.gal é ser un foro de apoio a mastodon.gal ou pola contra vai expandirse a algo máis aberto similar a Reddit, onde poder crear comunidades sobre ciencia, astronomía, tecnoloxía, fotografía ou makers (que son a miñas inquietudes pero de seguro que outra xente terá suxerencias distintas).
Apertas
A comunidade do fediverso.gal
Eu uso Remmel para iOS e a experiencia é moi boa, a verdade