Bos días!
antes de nada aproveitar para agradecer e poñer en valor o enorme traballo que @nekerafa está a realizar. Escribo este post porque xurdiume a duda e quería preguntar se a idea de foros.fediverso.gal é ser un foro de apoio a mastodon.gal ou pola contra vai expandirse a algo máis aberto similar a Reddit, onde poder crear comunidades sobre ciencia, astronomía, tecnoloxía, fotografía ou makers (que son a miñas inquietudes pero de seguro que outra xente terá suxerencias distintas).
Apertas
A comunidade do fediverso.gal
@xurxia de feito é a miña idea, ir vendo o que a xente vai propoñendo e crear comunidades entre todes para falar doutros temas específicos. De feito por iso puxen Lemmy nun dominio propio que debaixo de mastodon.
Agora porque estamos crecendo e penso que é mellor ir poñendo de apoio xunto con mastodon, pero bueno, a ver se empezamos a mover un pouco o da web principal e vai quedando ao final como unha comunidade galega no fediverso coas suas diferentes ferramentas.
Caralludo! Xa postos a pedir non esquezas unha instancia de peertube 😂 O que che comentara, calquera cousa na que che poda axudar tan só tes que me avisar
si, de feito agora, aproveitando o ponte, íaos preguntar a tí, @xurxia, e ao resto da xente que me dixo, para ir montando cosiñas e deixando tamen o lemmy como punto das propostas, ir creando as comunidades para ir falando do que fai falta (coma se a xente quere ir creando as instancias e vemos de ir facendo a rede máis grande)
Entón… dámoslle vidilla ó tema? Qué podemos facer para te axudar? 😊
@xurxia pois mira, agora nun ratiño vou poñer máis seccións nos foros, e quería facer un repositorio en gitlab para empezar a deseñar a páxina principal de fediverso.gal. Quen queira, tendo as bases do repo, pode empezar a facer pull request para ir deseñando o texto, o layout, etc…
Perfecto! Inda que hai tempo que non traballo co git, vasme ter que dar unhas clases rápidas! 😂 Aproveito para preguntar (igual xa o dixeras e non o vin), cáles van ser inicialmente os servicios de fediverso.gal? Mastodon, Lemmy… algún máis coma pixelfed? Só por curiosidade
@xurxia pois eu tiña pensado pixelfed e writefreely (teño os dominios ahí, pero sen usar ainda) Ao final entre cumpres e viaxes no me da o tempo (por iso quería deixar os foros listos pero vai ser que non, esta semana sen falta o deixo)
Xenial. Son usuario de ambos servicios. Writefreely o teño nunha raspberry 😂
O tema é se imos ser os suficientes usuarios coma para facer comunidades, porque se somos poucos ao final as comunidades quedarán baleiras.
É certo que unha comunidade sen “movemento” non vale para nada. Pero por un lado entendo (mais non estou seguro ó 100%) que xente rexistrada noutras instancias de lemmy tamén pode participar nas nosas comunidades, e pola outra banda que para que poida haber movemento primeiro ten que haber comunidades (éche o caso do ovo e a galiña 😅). En todo caso concordo co que dis.
@xurxia @hugo Si, de feito estaba @ghose a probar dende a instancia de lemmy.ml e parece que xa está funcionando ben a federación. E ao final non temos porque estar es mesmes usuaries en mastodon que en lemmy, xa que incluso cunha conta alí podes ver a nosa instancia de mastodon.gal como se fora outra comunidade (ex. https://foros.fediverso.gal/u/nekerafa@mastodon.gal)
Si, parece funciionar ben a federación 👌
Non hai que tirarse a lo loco a montar servizos, IMO.
Mirade canta xente escribe no mastodon. Que si, que está ben 😉, pero Rafa nun mes vai poder volver a un servidor menor porque a maior parte desas 1000 e pico contas só viñeron ver que era isto co calentón do Musk pero seguen en twitter. Ollo! que fagan o que queiran, falo no contexto de que exista unha comunidade que use os servizos ofrecidos.
Poñer aquí un Recuncho Maker, un Android, lgtbi+ só para contas rexistradas (zona “segur”), dúbidas infórmáticas, zona literatura en galego, os deportistas,… son comunidades que poderían ter un foro, tal como decides.
Comentar DESDE mastodon é toda unha vantaxe
BTW, estou escribindo desde a app Lemmur 😅
@ghose o do recuncho maker chámame moito, e tamén supoño que as xentes de @GalizanGamer tamén poderiamos crear unha comunidade se queren gaming. Ao final é ir configuralo ao noso gusto
Eu uso Remmel para iOS e a experiencia é moi boa, a verdade