help-circle
rss
Resumen Fediverso.gal - Abril 2023
Bo día xente! Agora que está máis estabilizado as migración dos servizos, imos poñer os post de resumo do que pasou no fediverso no último mes pasado a modo de transparencia deste proxecto. --- Como sabedes, se fixo unha migración de [mastodon.gal](https://mastodon.gal) e [foros.fediverso.gal](https://foros.fediverso.gal) a infraestrutura de dinahosting, a cal a temos patrocinada por eles durante un mes. Ademais, aproveitando a migración, creouse a páxina web [fediverso.gal](https://fediverso.gal). Neste sitio engadiremos información dos servizos que usen o fediverso e estean pensado para unha audiencia en galego. Comentarvos que, se sodes amantes da fotografía, podedes contribuir a esta web engadindo cabeceiras no post dispoñible en [!fotografia@foros.fediverso.gal](https://foros.fediverso.gal/c/fotografia). ![Estado actual de fediverso.gal. Podese ver unha cabeceira con sitios de galicia con cores azules e coa mensaxe de "Benvide ao fediverso en galego!"](https://foros.fediverso.gal/pictrs/image/243e79e5-5536-4830-a081-de96478961ae.png) --- Sobre mastodon.gal, dicir que este abril houbo 8 usuarias novas. Actualmente temos unhas 456 usuarias activas e sobre 13.000 interaccións entre usuarias no ultimo mes. Se queredes ver gráficas aquí as tedes do noso taboeiro de control: ![Resumo dos datos anteriores mostrados con respecto ao días](https://foros.fediverso.gal/pictrs/image/f7f515f4-6924-4ff0-8832-9f0e116fd4ec.png) --- Con respeto ao padroado, este mes tivemos 11 persoas que contribuiron totalmente con **13,21 €** de doazóns (**19,67 €** menos impostos e comisións polos servizos). Temos 2 persoas doadoras por [Liberapay](https://es.liberapay.com/mastodon.gal) e as restantes fanno polo noso [Ko-fi](https://ko-fi.com/mastodongal). A continuación tedes un resumo en gráficos das doazóns aportadas e a cantidade doada por día: ![Doazóns por día no mes de abril de 2023: unha o día 1, catro o día 10, un o día 11, tres o día 12, un o día 13 e un o día 24](https://foros.fediverso.gal/pictrs/image/cecb56bb-26eb-4faa-9fbe-d506664cf7a3.png) ![Cantidade doada por día no mes de abril de 2023: 1 € o día 1, 5 € o día 10, 1,67 € o día 11, 3 € o día 12, 8 € o día 13 e 1 € o día 24](https://foros.fediverso.gal/pictrs/image/828ea9c3-422a-47c2-9d9a-d1ab06ff49ae.png) --- Agora, con respecto aos custes da infraestructura, reducirse bastante con respecto a meses anteriores. Istos son os desgloses: DigitalClouding (Plataforma de servizos cloud): - Espazo S3 (disco duro de 250GB): **4,52 €** - Cosumo extra (78.13 GB a maiores: **1,41 €** - **Total** (+ IVA): **7,28 €** SendInBlue: - Envío de mensaxes electrónicos: **22,99 €** Isto polo de agora, a ver se para o mes teño forma de obter os datos do taboeiro cos eixes e demais, como os teño coas doazóns. Saudiños e ata a próxima.

Cabeceira fediverso.gal
Bo día xente! Estes días estou continuando coa páxina web de [fediverso.gal](https://fediverso.gal) (que non me olvidei, pero tiven moito traballo e vou lento). Estou a facer as tarefas de maquetación da páxina web e estaba pensando en que, xa que temos esta sección no foro, pediros a quen queira participar para engadir fotos a cabeceira da páxina web. Nestes momentos está tal que así: ![Captura da páxina web en desenvolvemento](https://foros.fediverso.gal/pictrs/image/5acec1d7-38fb-4bb2-bf5b-ad1611fc9c38.png) Estou a usar fotos de recursos libres, como Wikipedia e demáis, pero pensando que isto ao final é algo colaborativo, penso que está ben que toda a xente que queira poda contribuir. Por iso aproveito esta comunidade, para que, se queredes, podedes enviar as vosas fotografías coas seguintes restriccións: - Preferiblemente en formato webp o avif, pero me vale calquer formato libre ou compatible con GIMP (para recodificalo se fora necesario). - A resolución da web aplicase a 2560x720, podedes envialo nesta ou ocupome de recortalo. - A licencia da fotografía ten que ser unha licencia libre (por exemplo Creative Common Attributions ShareAlike 4.0). Engadirei a autoría nun pe de páxina acima da imaxe. Non importa cando o fagades, que vou estar revisando este topic se algunha persoa se anima hahaha. Saudiños!!

[\#RetoSemanal](https://mastodon.gal/tags/RetoSemanal) [#FotoSemanal](https://mastodon.gal/tags/FotoSemanal) \- #️⃣ Sigue estos cancelos (+) / Follow(+) this hashtags \- 🖼️ Publica usando a túa conta de Mastodon / Publish with your current Mastodon account and use those hashtags \- :ablobcouple: sigue / follow [@fotografia](https://foros.fediverso.gal/c/fotografia) [https://foros.fediverso.gal/post/4781](https://foros.fediverso.gal/post/4781)
fedilink

Semana 13 - Insectos
# Os primeiros bechos do ano **Insectos** Agora que comezou a primavera, os primeiros insectos están a saír de novo do seu acubillo invernal. Comparte unha foto dun insecto empregando o cancelo #FotoSemanal #RetoSemanal (podes darlle ao “+” para seguilo en Mastodon) [Regras de participación](https://foros.fediverso.gal/post/4781) abertas a debate. ![](https://foros.fediverso.gal/pictrs/image/ff1831be-af9c-42c5-bd12-d18df8e10a6f.jpeg) [Foto de sunesina en flickr](https://www.flickr.com/photos/sunesina/49735245298) #FotoSemanal Para participar só tes que RESPONDER a esta mensaxe publicando a túa imaxe: - aberto a todo o Fediverso, non só galego - durante os próximos 7 días - máximo dúas publicacións - imaxes tomadas por quen publica a foto DURANTE estos sete días (non ten sentido tirar de arquivo) - engadir descrición á imaxe (Alt Text) - engade información sobre a licenza (optativo) Deste xeito tódalas imaxes serán compartidas e estarán agrupadas para poder comentar, valorar e preguntar ás autoras. Agradécese o RT a esta mensaxe.

## Xa está aquí!!! derrétese o xeo, a primavera é renovación e cambio, un novo comezo, paxariños e todo iso XD Comparte unha foto da _túa primavera_ usando o cancelo #FotoSemanal #RetoSemanal (podes darlle ao "+" para seguilo en Mastodon) [Regras de participación](https://foros.fediverso.gal/post/4781) abertas a debate. ![foto dunha pola dunha árbore con follas amarelas onde o xeo se derrete](https://foros.fediverso.gal/pictrs/image/f35925f7-7622-4119-988d-c872789005b8.jpeg) _foto con licenza CC0 en pixabay_ #FotoSemanal Para participar só tes que RESPONDER a esta mensaxe publicando a túa imaxe: * aberto a todo o Fediverso, non só galego * durante os próximos 7 días * máximo dúas publicacións * imaxes tomadas por quen publica a foto DURANTE estos sete días (non ten sentido tirar de arquivo) * engadir descrición á imaxe (Alt Text) * engade información sobre a licenza (optativo) Deste xeito tódalas imaxes serán compartidas e estarán agrupadas para poder comentar, valorar e preguntar ás autoras. Agradécese o RT a esta mensaxe.
3

Semana 11 2023 - Auga
Este inverno veu _mollado_, e temos **auga** por todas partes Novo **reto semanal**, onde podemos mirar á auga, ao que significa para a vida, como modifica os nosos hábitos diarios, a súa falta, a súa forma ("be a teapot!!"), flúe como o tempo... [Regras de participación](https://foros.fediverso.gal/post/4781) abertas a debate. ![](https://images.unsplash.com/photo-1538300342682-cf57afb97285?ixlib=rb-4.0.3&ixid=MnwxMjA3fDB8MHxwaG90by1wYWdlfHx8fGVufDB8fHx8&auto=format&fit=crop&w=687&q=80) _foto: [unsplash](https://unsplash.com/photos/YpZ2cj4s0oo)_ #FotoSemanal Para participar só tes que RESPONDER a esta mensaxe publicando a túa imaxe: * aberto a todo o Fediverso, non só galego * durante os próximos 7 días * máximo dúas publicacións * imaxes tomadas por quen publica a foto DURANTE estos sete días (non ten sentido tirar de arquivo) * engadir descrición á imaxe (Alt Text) * engade información sobre a licenza (optativo) Deste xeito tódalas imaxes serán compartidas e estarán agrupadas para poder comentar, valorar e preguntar ás autoras. Agradécese o RT a esta mensaxe.

Semana 10 2023 - Muller
O oito de marzo celebramos o día dedicado á muller. Con este motivo dedicamos este **reto semanal**. [Regras de participación](https://foros.fediverso.gal/post/4781) abertas a debate. ![](https://foros.fediverso.gal/pictrs/image/482a8a0b-4acb-4e15-9d8e-f364f61f12af.jpeg) _foto: Martín Rei Leis_ #FotoSemanal Para participar só tes que RESPONDER a esta mensaxe publicando a túa imaxe: * aberto a todo o Fediverso, non só galego * durante os próximos 7 días * máximo dúas publicacións * imaxes tomadas por quen publica a foto DURANTE estos sete días (non ten sentido tirar de arquivo) * engadir descrición á imaxe (Alt Text) * engade información sobre a licenza (optativo) Deste xeito tódalas imaxes serán compartidas e estarán agrupadas para poder comentar, valorar e preguntar ás autoras. Agradécese o RT a esta mensaxe.

Semana 9 2023 - Amencer
## Reto fotográfico da semana 9 de 2023 - Amencer Subscríbete a @fotografia@foros.fediverso.gal coa túa conta Mastodon, Pleroma, Lemmy, PixelFed, … NON precisas unha conta no foro. O **amencer**, literal ou figuradamente. ![foto de meteogalicia](https://files.botsin.space/media_attachments/files/109/918/737/381/906/750/original/18a44226bf7bb4db.jpg "foto de meteogalicia") [fonte meteogalicia](https://botsin.space/@meteo_galicia/109918737390968481 "fonte") Para participar só tes que RESPONDER a esta mensaxe publicando a túa imaxe: * durante os próximos 7 días * máximo dúas publicacións * imaxes tomadas por quen publica a foto DURANTE estos sete días (non ten sentido tirar de arquivo) * engadir descrición á imaxe (Alt Text) * engade información sobre a licenza (optativo) Deste xeito tódalas imaxes serán compartidas e estarán agrupadas para poder comentar, valorar e preguntar ás autoras. [Presentación e Normas](https://foros.fediverso.gal/post/4781) aberttas a debate para facer aportacións ás mesmas, á dinámica da participación, propoñer temas, etc. Finalmente **DALLE A COMPARTIR** a esta mensaxe e anima a participar ás túas amizades e contactos independentemente do servidor/servizo no que teñan a súa conta. Anímate a compartir e comentar o traballo das outras persoas participantes. **Grazas**.

Semana 8 2023 - Entroido
Reto fotográfico Semana 8 - Entroido ![festa do cocido en Lalín, 2020](https://foros.fediverso.gal/pictrs/image/9f16c0b1-2eb9-422e-a565-edb7fc76e7f4.jpeg "imaxe de Óscar Corral da festa do cocido en Lalín en 2020. Vese a varios políticos e unha xornalista posando diante de chourizos, touciño e cachuca nunha exposición") _Crédito [@corralfoto@mastodon.gal](https://mastodon.gal/users/corralfoto)/EFE , Lalín 2020_ [Subscríbete a @fotografia@foros.fediverso.gal](https://foros.fediverso.gal/c/fotografia) **coa túa conta** Mastodon, Pleroma, Lemmy, PixelFed, ... NON precisas unha conta no foro. Cadra este primeiro reto cunha das semanas máis intensas de celebracións en toda Galicia. O tema proposto, **O Entroido**, da pé a múltiples puntos de vista e a estimular a imaxinación. Para **participar** só tes que **RESPONDER a esta mensaxe** publicando a túa imaxe: - durante os próximos 7 días - máximo dúas publicacións - imaxes tomadas por quen publica a foto DURANTE estos sete días (non ten sentido tirar de arquivo) - engadir descrición á imaxe (Alt Text) - engade información sobre a licenza (optativo) Deste xeito tódalas imaxes serán compartidas e estarán agrupadas para poder **comentar**, valorar e preguntar ás autoras. Esta é a primeira _edición_ do reto semanal, polo que convídote a ler [Presentación e Normas](https://foros.fediverso.gal/post/4781) para facer aportacións ás mesmas, á dinámica da participación, propoñer temas, etc. Finalmente **DALLE A COMPARTIR** a esta mensaxe e anima a **participar** ás túas amizades e contactos independentemente do servidor/servizo no que teñan a súa conta. Anímate a compartir e comentar o traballo das outras persoas participantes. Grazas.

Reto Fotográfico Semanal
# Normas de Participación no Reto Fotográfico Semanal Borrador con **proposta** das regras básicas do reto fotográfico - cunha conta do _fediverso_ ou do foro subscribirse a `@fotografia@foros.fediverso.gal` para recibir avisos e mensaxes novas, comentar ou compartir as fotografías. - fotografía realizada pola usuaria que a publica durante a semana do reto. Trátase de un **divertimento**, non dun concurso. - as fotografías pertencen a quen as publica. - as fotografías deben respectar as NORMAS de convivencia de foros.fediverso.gal, non admitindo fografías e mensaxes que atenten contra a dignidade das persoas podendo a administración tomar as accións que se estimen oportunas en todo momento. - realizada con calquera dispositivo, "editada" ou non. - formato e proporcións libres, non sendo recomendable fotografías de moi alta resolución que enlentezan a carga da web e dificulten a visualización. - a visibilidade da publicación deberá ser **pública** - máximo DÚAS fotografías por participante e semana - engadir NSFW se a temática o require - engadir descrición AltText para persoas con deficiencias visuais e lectores de pantalla - posibilidade de engadir texto á publicación para dar contexto ou explicar os motivos da fotografía - participación aberta a todo o _fediverso_, independentemente do servidor onde teñas a túa conta - a participación realízase **respondendo** á mensaxe orixinal publicada por *@fotografia@foros.fediverso.gal* coa proposta semanal desde calquera conta compatible do *fediverso*: mastodon, pleroma, pixelfed,lemmy,... - o _reto_ durará unha semana desde a data de publicación do mesmo (venres?). Debería ser quincenal, mensual,...? - utilizar cancelo #FotoSemanal #RetoSemanal ... na publicación para axudar a espallar o grupo - o tema do reto pódese someter a votación na semana previa ou quen se encargue da publicación ir elexindo un tema que considere axeitado podes responder a esta mensaxe para facer constar a túa opinión e facer propostas as regras quedarán fixadas no foro e estarán suxeitas ás modificacións que resulten acordadas - [Semana 8 2023 Entroido](https://foros.fediverso.gal/post/4912) - [Semana 9 2023 Amencer](https://foros.fediverso.gal/post/5375) - [Semana 10 2023 Muller](https://foros.fediverso.gal/post/5863) - [Semana 11 2023 Auga](https://foros.fediverso.gal/post/6479) - [Semana 12 2023 Primavera](https://foros.fediverso.gal/post/7055) - [Semana 13 2023 Insectos](https://foros.fediverso.gal/post/8177)
2

Migración Dinahosting
Boas xente! Acabei de migrar os foros as máquinas de Dinahosting, polo que nos próximos días actualizarei cousiñas do rexistro e do legal. Perdoade, que despois das dificultades técnicas, reinstalar backups e demais, creo que xa estamos de novo. Agora as imaxes e as publicacións deberian ir ben. Calquera cousa comentarme por mastodon. Tamén está actualizado Lemmy a 0.17.1, que xa temos cousiñas de idiomas e demais.

[GitHub] Gráficos con Raspberry Pi Pico
Perdoade o spam, pero quería compartirvos o código que fixen estes días en Twitch con Raspberry Pi Pico e Pico Display, unha pantalla LCD. ![Placa de Raspberry Pi Pico e placa de Pico Display xuntas](https://foros.fediverso.gal/pictrs/image/ab20f379-02f4-4a5a-b03c-24ddb332f4ce.jpeg) A miña idea era facer un Come Uvas (replicando un pouco o concepto de PacMan) para teren un xogo para fin de ano. Estiven facendo para iso unha mini biblioteca de sprites (usando a biblioteca de PicoDisplay, dos de Pimoroni) que soporta animacións, e claro, mentres o facía, non me deu tempo a terminar o xogo. Ainda así quedou unha animación moi chula, polo que comparto con vos como quedou o código :3 ![Resultado da animación feita. Se pode ver un comecocos, unha uva que vai para o comecocos e unha campá que movese cada vez que hay que comer unha uva](https://foros.fediverso.gal/pictrs/image/f9205bab-bfe5-4090-9bc2-880123a16bf0.jpeg) GitHub: [github.com/NEKERAFA/especial-twitch-2022](https://github.com/NEKERAFA/especial-twitch-2022)

Bo día xente!! Sigo aquí vivo a facer cousiñas, e entre elas, estiven estes días a configurar un proxecto de [lume](https://lume.land) (darlle as grazas a [@fedello@mastodon.gal](https://mastodon.gal/@fedello) e [@misteroom@mastodon.gal](https://mastodon.gal/@misteroom), que deronme a idea). Acabo de facer unha organización ([github.com/fediverso-gal](https://github.com/fediverso-gal)) e un proxecto propio ([github.com/fediverso-gal/fediverso.gal](https://github.com/fediverso-gal/fediverso.gal)) en GitHub, polo que podedes revisar o código, facer pull request e axudar en todo o que querades. Está agora cunha configuración básica (partín da estructura que teño doutros proxectos de React e Vue, non sei se é a adecuada 🙃 para lume, pero bueno).

Eventos astronómicos 2023
A continuación deixo unha lista dalgúns eventos que acontecerán ó longo do 2023. Era bo ir comprementando con aqueles que falten na listaxe: - 4 de xaneiro, pico das Cuadrántidas - 1 de febreiro, o cometa C/2022 E3 alcanzará o seu máximo brillo (será visible con binoculares e probablemente a simple vista) - 20 de abril, eclipse solar híbrido total/anular - 17 de maio, ocultación lunar de Xúpiter - 13 de agosto, pico das Perseidas - 27 de agosto, Saturno en oposición - 31 de agosto, a Lúa chea máis grande do ano - 14 de outubro, eclipse solar anular - 3 de novembro, Xúpiter en oposición - 14 de decembro, pico das Xemínidas (Fonte: Star Walk 2, de Vito Technology)

Padroado con Dinahosting
Boas xente!! Fago esta publicación porque quería avisarvos de que estiven estudando a idea de poder ter un padroado con Dinahosting, que é unha das empresa galega de servizos de hosting web, que además penso que conta coa maior importancia aquí no noso país. Agora mesmo temos só comprados e rexistrados os dominios de mastodon.gal, fediverso.gal, writefreely.gal e pixelfed.gal, pero a idea final e ter movida tamén a estructura dos servizos canda eles a cambio de bonificacións nos seus precios e poder contar con servizo personalizado con Dinahosting. O control dos datos, a xestión da infraestructura e servizos seguirían pasando polas miñas mans, e todas as vosas aportacións en doazóns e axuda directa seguiríanse invertindo nestre proxecto, solo que puidendo abranguer máis servizos. Para min as aportacións son un diñeiro aparte que so sirve para invertir na compra dos dominios e mantemento dos servizos, polo que ainda que o xestione, quero que sexa sempre alleo a min. Agora mesmo de feito está nunha conta separada exclusiva para o fediverso. Sei que o tema de empresas que compran instancias para teren un control do Internet federado está en voga, polo que creo que véxome na obriga de comunicarvos esta decisión para que podamos debatila xa que cada unhe terá a súa propia opinión. A miña idea principal é que os servizos dentro do fediverso.gal sexan nosos, da xente que forma a nosa comunidade. Non quero que ningún momento empresas e terceiros alleos a nos poidan ter acceso ao nosos datos ou mesmo deixar todo nas suas mans. É verdade que este último mes quería centrarme en seguir dando forma a esta iniciativa, pero entre traballo e, sobre todo, vida persoal, me foi imposible organizarme dunha mellor forma e este tema quedou un pouco apartado. Creo que co tema do padroado podería ser unha boa idea para teren xa o resto de servizos montados, e ainda así seguir tendo a nosa independencia das grandes empresas. Qué pensades? Ter padroados externos cambiaría a vosa opinión de neutralidade da rede ou o vedes como unha oportunidade para que o servizo poida continuar máis tempo? Lereivos! Biquiños a todes!

O mestre e escritor Antón Cortizas fixose co premio Arume de Poesía para a Infancia grazas á obra 'Os Versos da Mariola'.

Lectura e Recensión Sociais, Descentralizado
podes esquecer goodreads (e outras) > BookWyrm é unha rede social para seguir as túas lecturas, falar acerca dos libros, escribir recensións e descubrir novas lecturas. A Federación permítelle ás usuarias de BookWyrm unirse a pequenas comunidades de confianza e conectar unhas con outras, así como con outros servizos ActivityPub como Mastodon e Pleroma. tes instancias como https://velhaestante.com.br/, bookwyrm.social, lectura.social, ...

> Que marabillosa noticia! Aurora Marco vén de ser galardoada co III Premio de investigación Baltar Feijóo, que convoca a Fundación Rosalía de Castro, polo seu libro IRMANDIÑAS, publicado por #Laiovento. Parabéns á autora por este merecido premio do toot de **Laiovento**

María Alonso Seisdedos gaña o premio á mellor tradución de literatura catalana
Traduciu ao galego o libro de Irene Solà Canto jo i la muntanya balla

Merlín e familia - Álvaro Cunqueiro
publico esto como proba na Comunidade, para ver se funciona todo ben para ver/comentar desde o resto do fediverso. A novela é marabilla BTW.

Creación de comunidades
Bos días! antes de nada aproveitar para agradecer e poñer en valor o enorme traballo que @nekerafa está a realizar. Escribo este post porque xurdiume a duda e quería preguntar se a idea de foros.fediverso.gal é ser un foro de apoio a mastodon.gal ou pola contra vai expandirse a algo máis aberto similar a Reddit, onde poder crear comunidades sobre ciencia, astronomía, tecnoloxía, fotografía ou makers (que son a miñas inquietudes pero de seguro que outra xente terá suxerencias distintas). Apertas

[Guía] Como consultar foros.fediverso.gal dende mastodon.gal
[Guía] Como consultar foros.fediverso.gal dende mastodon.gal --- [foros.fediverso.gal](https://foros.fediverso.gal) usan como software [Lemmy](https://join-lemmy.org/), que é un agregador de ligazóns e comunidade de software libre. Un dos seus puntos bos é que usa o protocolo ActivityPub, que é un dos protocolos de interconexión de redes sociais no fediverso, polo que en principio, podemos consultar estes foros dende a nosa instancia de mastodon, [mastodon.gal](https://mastodon.gal). É por iso que nesta publicación quero deixar un resumo de como podemos facer isto. --- # Comunidades As comunidades en Lemmy son coma foros individuais onde se fala dunha temática ou dun debate concretos, como pode ser esta [!mastodon@foros.fediverso.gal](https://foros.fediverso.gal/c/mastodon), ou [!main@foros.fediverso.gal](https://foros.fediverso.gal/c/main), [!moderacion@foros.fediverso.gal](https://foros.fediverso.gal/c/moderacion), etc... ### Consultar comunidades Cando se crea unha destas comunidades, aparecerá no fediverso como unha conta da instancia. É por iso que dende mastodon poderemos acceder a [@mastodon@foros.fediverso.gal](https://mastodon.gal/@mastodon@foros.fediverso.gal), [@main@foros.fediverso.gal](https://mastodon.gal/@main@foros.fediverso.gal), [@moderacion@foros.fediverso.gal](https://mastodon.gal/@moderacion@foros.fediverso.gal), etc... Calquera publicación nestas comunidades verase como un toot promovido na liña de tempo desde usuario. ### Publicar nunha comunidade Para poder publicar nunha comunidade tes que ter unha conta nunha instancia de Lemmy (por exemplo, no noso caso en [foros.fediverso.gal](https://foros.fediverso.gal)). --- # Usuarias As usuarias de Lemmy son coma as usuarias de mastodon: teñen un nome reservado e pódense personalizar, como pode ser o meu [@nekerafa@foros.fediverso.gal](https://foros.fediverso.gal/u/nekerafa). ### Consultar usuarias Para consultar as mensaxes publicadas por unha usuaria dende mastodon, so temos que facer a búsqueda como se fora otra instancia aparte ([@nekerafa@foros.fediverso.gal](https://mastodon.gal/@nekerafa@foros.fediverso.gal)). Independientemente de onde publique a usuaria, vainos sair un resumo do seu mensaxe ![Post da usuaria @nekerafa de exemplo](https://foros.fediverso.gal/pictrs/image/3b3149da-755d-4a92-a61f-374d991eac75.png). ### Respostar as usuarias Como Lemmy implementa o protocolo ActivityPub, que tamén usa mastodon, podemos repostar as publicacións das usuarias directamente dende mastodon. As usuarias de Lemmy poderan ver os post das mensaxes de mastodon ([https://foros.fediverso.gal/post/2/comment/2](https://foros.fediverso.gal/post/2/comment/2)) da mesma maneira que en mastodon poderemos ver as mensaxes de Lemmy ([https://mastodon.gal/@nekerafa/109440370401762934](https://mastodon.gal/@nekerafa/109440370401762934)). E listo, con isto temos de sobra para poder manexarnos polas dúas redes sen perdernos. Saúdos!!

[Resumo] Fediverso no novembro 2022
Boas a todes. Quero estrear estos foros facendo un pouco de transparencia e indicandovos (sobre todo para as persoas que contribuiron) o que nos chegou de doazóns, información da infraestructura e certos temas de moderación: --- Con respeto ao padroado, este mes tivemos 26 persoas que contribuiron totalmente con **209,37 €** de doazóns (**223,99 €** menos impostos e comisións polos servizos). A continuación tedes un resumo en gráficos das doazóns aportadas e a cantidade doada por día: ![Doazóns por día no mes de novembro de 2022: día 10, 4, día 11, 11, día 12, 3, día 14, 1, día 15, 1, día 16, 2, día 18, 2, día 19, 1, día 21, 1, día 23, 1, día 24, 1, día 25, 1](https://foros.fediverso.gal/pictrs/image/dab7d24c-c3fa-4774-96b4-2c5364064ca5.png) ![Cantidade doada por día no mes de novembro de 2022: día 10, 48 €, día 11, 39 €, día 12, 3 €, día 14, 8 €, día 15, 10 €, día 16, 12,99€, día 18, 70€, día 19, 20€, día 21, 1 €, día 23, 1 €, día 24, 1 €, día 25, 10 €](https://foros.fediverso.gal/pictrs/image/6f96b17a-cd2b-4436-8d60-d4097c6c91a9.png) *NOTA: non se inclue dende o 1 ao 10 de novembro porque o Ko-Fi abriuno o día 10.* --- Agora, con respecto aos custes, entre migracións e cambo de CPU, aumentou un pouco, istos son os desgloses: DigitalClouding (Plataforma de servizos): - Servidores: **25,76 €** - Espazo S3 (disco duro de 250GB): **4,76 €** - Backups: **5,15 €** - **Total** (+ IVA): **44,29 €** SendInBlue: - Envío de mensaxes electrónicos: **22,99 €** *NOTA: non incluo servizos de clouding.io e dominio porque neste mes non se pagou nada diso* --- Con respeto a temas moderación: - Suspendeuse a federación de [mastodon.gal](https://mastodon.gal) coa instancia novoa.nagoya porque o seu adminstrador ten ideas lgtbfobas. - Suspendeuse a conta wallstwolverine da instancia mastodon.la dende dentro do dominio [mastodon.gal](https://mastodon.gal) por publicar contido automático do usuario de Twitter wallstwolverine, o cal incumple as nosas normas. - Suspendeuse a conta SocraticEthics da instancia mastodon.online dende dentro do dominio [mastodon.gal](https://mastodon.gal) por publicar contido a páxinas que incumpren as nosas normas. - Suspendeuse a federación de [mastodon.gal](https://mastodon.gal) coa instancia soapbox.midwaytrades.com porque presenta contido xenófobo e de extrema dereita - Suspendeuse a federación de [mastodon.gal](https://mastodon.gal) coa instancia mastodon.cf porque o seu administrador en ideas lgtbfobas e perigosas (antivacina, de extrema dereita, etc.) Saúdos e ata a próxima!!