Meu nome é Rafa, son da Coruña, fun aos dominicos e logo estudiei na facultade de informática da Universidade da Coruña. Actualmente traballo coma desenvolvedore en react e dotnet.
Boas xente!
Acabei de migrar os foros as máquinas de Dinahosting, polo que nos próximos días actualizarei cousiñas do rexistro e do legal. Perdoade, que despois das dificultades técnicas, reinstalar backups e demais, creo que xa estamos de novo. Agora as imaxes e as publicacións deberian ir ben. Calquera cousa comentarme por mastodon.
Tamén está actualizado Lemmy a 0.17.1, que xa temos cousiñas de idiomas e demais.
Perdoade o spam, pero quería compartirvos o código que fixen estes días en Twitch con Raspberry Pi Pico e Pico Display, unha pantalla LCD.

A miña idea era facer un Come Uvas (replicando un pouco o concepto de PacMan) para teren un xogo para fin de ano. Estiven facendo para iso unha mini biblioteca de sprites (usando a biblioteca de PicoDisplay, dos de Pimoroni) que soporta animacións, e claro, mentres o facía, non me deu tempo a terminar o xogo. Ainda así quedou unha animación moi chula, polo que comparto con vos como quedou o código :3

GitHub: [github.com/NEKERAFA/especial-twitch-2022](https://github.com/NEKERAFA/especial-twitch-2022)
Bo día xente!!
Sigo aquí vivo a facer cousiñas, e entre elas, estiven estes días a configurar un proxecto de [lume](https://lume.land) (darlle as grazas a [@fedello@mastodon.gal](https://mastodon.gal/@fedello) e [@misteroom@mastodon.gal](https://mastodon.gal/@misteroom), que deronme a idea).
Acabo de facer unha organización ([github.com/fediverso-gal](https://github.com/fediverso-gal)) e un proxecto propio ([github.com/fediverso-gal/fediverso.gal](https://github.com/fediverso-gal/fediverso.gal)) en GitHub, polo que podedes revisar o código, facer pull request e axudar en todo o que querades. Está agora cunha configuración básica (partín da estructura que teño doutros proxectos de React e Vue, non sei se é a adecuada 🙃 para lume, pero bueno).
Co tema da publicidade, aceptaron teren un banner na páxina sobre mastodon.gal (mastodon.gal/about) e no lateral de lemmy da páxina principal de (foros.fediverso.gal), tamén indicar nas políticas de privacidade, e, cando teñamos o frontal de fediverso.gal, unha sección especial de padroadores.
O padroado vai ser dun ano (ao rematar o ano volverán poñerse en contacto para ver se podemos renovalo), tempo nos que estaremos usando os seus servizos integramente sen coste (menos o S3, que seguirá sendo xerido por DigitalClouding). O servidor vai ser duns 6GB de RAM, 60GB de espazo e so ten instalado unha distro de Linux sen software propio e demais, polo que podemos cacharrear nel e instalar o que nos goste.
Nos próximos días vou ir migrando servizos, conservando iso si as máquinas nos actuais por se temos que voltar de novo ou temos calquer problema. De momento imos facer o seguinte:
Migración da BD de Lemmy a un PostgreSQL na máquina de Dinahosting
Migración da BD de Mastodon a outro PostgreSQL na máquina de Dinahosting
Migración de Lemmy a Dinahosting (rematando con isto a migración de foros.fediverso.gal)
Migración de Mastodon a Dinahosting (rematando con isto a migración de mastodon.gal)
Cando leve un tempo prudencial (unha quincena ou así), purgaremos as máquinas dos servidores actuais.
Non hai plazos porque non quero pillarme as más, pero o anuncio para que o saibades.
Boas xente!!
Fago esta publicación porque quería avisarvos de que estiven estudando a idea de poder ter un padroado con Dinahosting, que é unha das empresa galega de servizos de hosting web, que además penso que conta coa maior importancia aquí no noso país. Agora mesmo temos só comprados e rexistrados os dominios de mastodon.gal, fediverso.gal, writefreely.gal e pixelfed.gal, pero a idea final e ter movida tamén a estructura dos servizos canda eles a cambio de bonificacións nos seus precios e poder contar con servizo personalizado con Dinahosting. O control dos datos, a xestión da infraestructura e servizos seguirían pasando polas miñas mans, e todas as vosas aportacións en doazóns e axuda directa seguiríanse invertindo nestre proxecto, solo que puidendo abranguer máis servizos. Para min as aportacións son un diñeiro aparte que so sirve para invertir na compra dos dominios e mantemento dos servizos, polo que ainda que o xestione, quero que sexa sempre alleo a min. Agora mesmo de feito está nunha conta separada exclusiva para o fediverso.
Sei que o tema de empresas que compran instancias para teren un control do Internet federado está en voga, polo que creo que véxome na obriga de comunicarvos esta decisión para que podamos debatila xa que cada unhe terá a súa propia opinión. A miña idea principal é que os servizos dentro do fediverso.gal sexan nosos, da xente que forma a nosa comunidade. Non quero que ningún momento empresas e terceiros alleos a nos poidan ter acceso ao nosos datos ou mesmo deixar todo nas suas mans. É verdade que este último mes quería centrarme en seguir dando forma a esta iniciativa, pero entre traballo e, sobre todo, vida persoal, me foi imposible organizarme dunha mellor forma e este tema quedou un pouco apartado. Creo que co tema do padroado podería ser unha boa idea para teren xa o resto de servizos montados, e ainda así seguir tendo a nosa independencia das grandes empresas.
Qué pensades? Ter padroados externos cambiaría a vosa opinión de neutralidade da rede ou o vedes como unha oportunidade para que o servizo poida continuar máis tempo?
Lereivos! Biquiños a todes!
[Guía] Como consultar foros.fediverso.gal dende mastodon.gal
---
[foros.fediverso.gal](https://foros.fediverso.gal) usan como software [Lemmy](https://join-lemmy.org/), que é un agregador de ligazóns e comunidade de software libre. Un dos seus puntos bos é que usa o protocolo ActivityPub, que é un dos protocolos de interconexión de redes sociais no fediverso, polo que en principio, podemos consultar estes foros dende a nosa instancia de mastodon, [mastodon.gal](https://mastodon.gal). É por iso que nesta publicación quero deixar un resumo de como podemos facer isto.
---
# Comunidades
As comunidades en Lemmy son coma foros individuais onde se fala dunha temática ou dun debate concretos, como pode ser esta [!mastodon@foros.fediverso.gal](https://foros.fediverso.gal/c/mastodon), ou [!main@foros.fediverso.gal](https://foros.fediverso.gal/c/main), [!moderacion@foros.fediverso.gal](https://foros.fediverso.gal/c/moderacion), etc...
### Consultar comunidades
Cando se crea unha destas comunidades, aparecerá no fediverso como unha conta da instancia. É por iso que dende mastodon poderemos acceder a [@mastodon@foros.fediverso.gal](https://mastodon.gal/@mastodon@foros.fediverso.gal), [@main@foros.fediverso.gal](https://mastodon.gal/@main@foros.fediverso.gal), [@moderacion@foros.fediverso.gal](https://mastodon.gal/@moderacion@foros.fediverso.gal), etc... Calquera publicación nestas comunidades verase como un toot promovido na liña de tempo desde usuario.
### Publicar nunha comunidade
Para poder publicar nunha comunidade tes que ter unha conta nunha instancia de Lemmy (por exemplo, no noso caso en [foros.fediverso.gal](https://foros.fediverso.gal)).
---
# Usuarias
As usuarias de Lemmy son coma as usuarias de mastodon: teñen un nome reservado e pódense personalizar, como pode ser o meu [@nekerafa@foros.fediverso.gal](https://foros.fediverso.gal/u/nekerafa).
### Consultar usuarias
Para consultar as mensaxes publicadas por unha usuaria dende mastodon, so temos que facer a búsqueda como se fora otra instancia aparte ([@nekerafa@foros.fediverso.gal](https://mastodon.gal/@nekerafa@foros.fediverso.gal)). Independientemente de onde publique a usuaria, vainos sair un resumo do seu mensaxe
.
### Respostar as usuarias
Como Lemmy implementa o protocolo ActivityPub, que tamén usa mastodon, podemos repostar as publicacións das usuarias directamente dende mastodon. As usuarias de Lemmy poderan ver os post das mensaxes de mastodon ([https://foros.fediverso.gal/post/2/comment/2](https://foros.fediverso.gal/post/2/comment/2)) da mesma maneira que en mastodon poderemos ver as mensaxes de Lemmy ([https://mastodon.gal/@nekerafa/109440370401762934](https://mastodon.gal/@nekerafa/109440370401762934)).
E listo, con isto temos de sobra para poder manexarnos polas dúas redes sen perdernos. Saúdos!!
Boas a todes. Quero estrear estos foros facendo un pouco de transparencia e indicandovos (sobre todo para as persoas que contribuiron) o que nos chegou de doazóns, información da infraestructura e certos temas de moderación:
---
Con respeto ao padroado, este mes tivemos 26 persoas que contribuiron totalmente con **209,37 €** de doazóns (**223,99 €** menos impostos e comisións polos servizos). A continuación tedes un resumo en gráficos das doazóns aportadas e a cantidade doada por día:


*NOTA: non se inclue dende o 1 ao 10 de novembro porque o Ko-Fi abriuno o día 10.*
---
Agora, con respecto aos custes, entre migracións e cambo de CPU, aumentou un pouco, istos son os desgloses:
DigitalClouding (Plataforma de servizos):
- Servidores: **25,76 €**
- Espazo S3 (disco duro de 250GB): **4,76 €**
- Backups: **5,15 €**
- **Total** (+ IVA): **44,29 €**
SendInBlue:
- Envío de mensaxes electrónicos: **22,99 €**
*NOTA: non incluo servizos de clouding.io e dominio porque neste mes non se pagou nada diso*
---
Con respeto a temas moderación:
- Suspendeuse a federación de [mastodon.gal](https://mastodon.gal) coa instancia novoa.nagoya porque o seu adminstrador ten ideas lgtbfobas.
- Suspendeuse a conta wallstwolverine da instancia mastodon.la dende dentro do dominio [mastodon.gal](https://mastodon.gal) por publicar contido automático do usuario de Twitter wallstwolverine, o cal incumple as nosas normas.
- Suspendeuse a conta SocraticEthics da instancia mastodon.online dende dentro do dominio [mastodon.gal](https://mastodon.gal) por publicar contido a páxinas que incumpren as nosas normas.
- Suspendeuse a federación de [mastodon.gal](https://mastodon.gal) coa instancia soapbox.midwaytrades.com porque presenta contido xenófobo e de extrema dereita
- Suspendeuse a federación de [mastodon.gal](https://mastodon.gal) coa instancia mastodon.cf porque o seu administrador en ideas lgtbfobas e perigosas (antivacina, de extrema dereita, etc.)
Saúdos e ata a próxima!!
Si, xa que quero engadilo, pero xa que teño esta oportunidade, imos tirar disto