Xestión e padroado
!xestion
help-circle
rss
Migración Dinahosting
Boas xente! Acabei de migrar os foros as máquinas de Dinahosting, polo que nos próximos días actualizarei cousiñas do rexistro e do legal. Perdoade, que despois das dificultades técnicas, reinstalar backups e demais, creo que xa estamos de novo. Agora as imaxes e as publicacións deberian ir ben. Calquera cousa comentarme por mastodon. Tamén está actualizado Lemmy a 0.17.1, que xa temos cousiñas de idiomas e demais.

Padroado con Dinahosting
Boas xente!! Fago esta publicación porque quería avisarvos de que estiven estudando a idea de poder ter un padroado con Dinahosting, que é unha das empresa galega de servizos de hosting web, que además penso que conta coa maior importancia aquí no noso país. Agora mesmo temos só comprados e rexistrados os dominios de mastodon.gal, fediverso.gal, writefreely.gal e pixelfed.gal, pero a idea final e ter movida tamén a estructura dos servizos canda eles a cambio de bonificacións nos seus precios e poder contar con servizo personalizado con Dinahosting. O control dos datos, a xestión da infraestructura e servizos seguirían pasando polas miñas mans, e todas as vosas aportacións en doazóns e axuda directa seguiríanse invertindo nestre proxecto, solo que puidendo abranguer máis servizos. Para min as aportacións son un diñeiro aparte que so sirve para invertir na compra dos dominios e mantemento dos servizos, polo que ainda que o xestione, quero que sexa sempre alleo a min. Agora mesmo de feito está nunha conta separada exclusiva para o fediverso. Sei que o tema de empresas que compran instancias para teren un control do Internet federado está en voga, polo que creo que véxome na obriga de comunicarvos esta decisión para que podamos debatila xa que cada unhe terá a súa propia opinión. A miña idea principal é que os servizos dentro do fediverso.gal sexan nosos, da xente que forma a nosa comunidade. Non quero que ningún momento empresas e terceiros alleos a nos poidan ter acceso ao nosos datos ou mesmo deixar todo nas suas mans. É verdade que este último mes quería centrarme en seguir dando forma a esta iniciativa, pero entre traballo e, sobre todo, vida persoal, me foi imposible organizarme dunha mellor forma e este tema quedou un pouco apartado. Creo que co tema do padroado podería ser unha boa idea para teren xa o resto de servizos montados, e ainda así seguir tendo a nosa independencia das grandes empresas. Qué pensades? Ter padroados externos cambiaría a vosa opinión de neutralidade da rede ou o vedes como unha oportunidade para que o servizo poida continuar máis tempo? Lereivos! Biquiños a todes!

[Resumo] Fediverso no novembro 2022
Boas a todes. Quero estrear estos foros facendo un pouco de transparencia e indicandovos (sobre todo para as persoas que contribuiron) o que nos chegou de doazóns, información da infraestructura e certos temas de moderación: --- Con respeto ao padroado, este mes tivemos 26 persoas que contribuiron totalmente con **209,37 €** de doazóns (**223,99 €** menos impostos e comisións polos servizos). A continuación tedes un resumo en gráficos das doazóns aportadas e a cantidade doada por día: ![Doazóns por día no mes de novembro de 2022: día 10, 4, día 11, 11, día 12, 3, día 14, 1, día 15, 1, día 16, 2, día 18, 2, día 19, 1, día 21, 1, día 23, 1, día 24, 1, día 25, 1](https://foros.fediverso.gal/pictrs/image/dab7d24c-c3fa-4774-96b4-2c5364064ca5.png) ![Cantidade doada por día no mes de novembro de 2022: día 10, 48 €, día 11, 39 €, día 12, 3 €, día 14, 8 €, día 15, 10 €, día 16, 12,99€, día 18, 70€, día 19, 20€, día 21, 1 €, día 23, 1 €, día 24, 1 €, día 25, 10 €](https://foros.fediverso.gal/pictrs/image/6f96b17a-cd2b-4436-8d60-d4097c6c91a9.png) *NOTA: non se inclue dende o 1 ao 10 de novembro porque o Ko-Fi abriuno o día 10.* --- Agora, con respecto aos custes, entre migracións e cambo de CPU, aumentou un pouco, istos son os desgloses: DigitalClouding (Plataforma de servizos): - Servidores: **25,76 €** - Espazo S3 (disco duro de 250GB): **4,76 €** - Backups: **5,15 €** - **Total** (+ IVA): **44,29 €** SendInBlue: - Envío de mensaxes electrónicos: **22,99 €** *NOTA: non incluo servizos de clouding.io e dominio porque neste mes non se pagou nada diso* --- Con respeto a temas moderación: - Suspendeuse a federación de [mastodon.gal](https://mastodon.gal) coa instancia novoa.nagoya porque o seu adminstrador ten ideas lgtbfobas. - Suspendeuse a conta wallstwolverine da instancia mastodon.la dende dentro do dominio [mastodon.gal](https://mastodon.gal) por publicar contido automático do usuario de Twitter wallstwolverine, o cal incumple as nosas normas. - Suspendeuse a conta SocraticEthics da instancia mastodon.online dende dentro do dominio [mastodon.gal](https://mastodon.gal) por publicar contido a páxinas que incumpren as nosas normas. - Suspendeuse a federación de [mastodon.gal](https://mastodon.gal) coa instancia soapbox.midwaytrades.com porque presenta contido xenófobo e de extrema dereita - Suspendeuse a federación de [mastodon.gal](https://mastodon.gal) coa instancia mastodon.cf porque o seu administrador en ideas lgtbfobas e perigosas (antivacina, de extrema dereita, etc.) Saúdos e ata a próxima!!

Xestión e padroado
!xestion
    Create a post

    Nesta comunidade engadiremos información sobre xestión da infraestructura, padroado, problemas e axuda e demais.

    • 0 users online
    • 1 user / day
    • 1 user / week
    • 1 user / month
    • 11 users / 6 months
    • 9 subscribers
    • 3 Posts
    • 25 Comments
    • Modlog