#AltText

a porcentaxe de imaxes publicadas no mastodon.gal que teñen un texto que as describe é mínima. Non todas as persoas actúan do mesmo xeito, pero tendo habilidade e tempo para escribir media dúcia de cancelos que acompañan á publicación, tampouco é un traballo enorme engadir unha breve descrición á imaxe e axudar así a persoas con dificultades visuais, a aportar contexto ao que se ve, a que os lectores de pantalla poidan facer a súa labor e a ter empatía con quen nos le.

Incluso hai servizos (iniciativas) como #AltText4Me para intentar axudar a quen o precise.

Todos os clientes coñecidos teñen no seu editor un apartado para engadir esta descrición.

A veces vexo un certo patrón, como se fose cool ou algo así tirar aí unha imaxe e que se apañen, unha artistada snob.

Xa pode ser ben fermosa que non lle poño nin estreliña ⭐

De etiquetar as nosas publicacións idioma #galego xa falamos outro día.

  • @roicou
    link
    28 months ago

    Concordo co do Alt, mais a etiqueta #galego paréceme innecesaria só polo feito de publicar en galego. Eu usaríaa cando se fai referencia ao idioma ou a identidade. Para todo o demáis pódese filtrar por idioma en Mastodon