[Guía] Como consultar foros.fediverso.gal dende mastodon.gal

foros.fediverso.gal usan como software Lemmy, que é un agregador de ligazóns e comunidade de software libre. Un dos seus puntos bos é que usa o protocolo ActivityPub, que é un dos protocolos de interconexión de redes sociais no fediverso, polo que en principio, podemos consultar estes foros dende a nosa instancia de mastodon, mastodon.gal. É por iso que nesta publicación quero deixar un resumo de como podemos facer isto.


Comunidades

As comunidades en Lemmy son coma foros individuais onde se fala dunha temática ou dun debate concretos, como pode ser esta !mastodon@foros.fediverso.gal, ou !main@foros.fediverso.gal, !moderacion@foros.fediverso.gal, etc…

Consultar comunidades

Cando se crea unha destas comunidades, aparecerá no fediverso como unha conta da instancia. É por iso que dende mastodon poderemos acceder a @mastodon@foros.fediverso.gal, @main@foros.fediverso.gal, @moderacion@foros.fediverso.gal, etc… Calquera publicación nestas comunidades verase como un toot promovido na liña de tempo desde usuario.

Publicar nunha comunidade

Para poder publicar nunha comunidade tes que ter unha conta nunha instancia de Lemmy (por exemplo, no noso caso en foros.fediverso.gal).


Usuarias

As usuarias de Lemmy son coma as usuarias de mastodon: teñen un nome reservado e pódense personalizar, como pode ser o meu @nekerafa@foros.fediverso.gal.

Consultar usuarias

Para consultar as mensaxes publicadas por unha usuaria dende mastodon, so temos que facer a búsqueda como se fora otra instancia aparte (@nekerafa@foros.fediverso.gal). Independientemente de onde publique a usuaria, vainos sair un resumo do seu mensaxe Post da usuaria @nekerafa de exemplo.

Respostar as usuarias

Como Lemmy implementa o protocolo ActivityPub, que tamén usa mastodon, podemos repostar as publicacións das usuarias directamente dende mastodon. As usuarias de Lemmy poderan ver os post das mensaxes de mastodon (https://foros.fediverso.gal/post/2/comment/2) da mesma maneira que en mastodon poderemos ver as mensaxes de Lemmy (https://mastodon.gal/@nekerafa/109440370401762934).

E listo, con isto temos de sobra para poder manexarnos polas dúas redes sen perdernos. Saúdos!!

  • ghose
    link
    fedilink
    1
    edit-2
    1 year ago

    @nekerafa grazas!!! 🎉 MOI BEN EXPLICADO!! 👏

    nunca fixen uso de reddit, mais alá de ler algo cando te manda un buscador, pero sempre me pareceu interesante o xeito en que organiza a información. Aquí en #lemmy podemos facer un uso máis parecido aos “foros de toda a vida” (onde me criei :blobtongue: )

    A súa integración no #Fediverso é marabailla :blobheart:

    esta mensaxe está escrita (e editada) usando a miña conta en mastodon.gal ✌️