Bo día xente!

Estes días estou continuando coa páxina web de fediverso.gal (que non me olvidei, pero tiven moito traballo e vou lento). Estou a facer as tarefas de maquetación da páxina web e estaba pensando en que, xa que temos esta sección no foro, pediros a quen queira participar para engadir fotos a cabeceira da páxina web.

Nestes momentos está tal que así:

Captura da páxina web en desenvolvemento

Estou a usar fotos de recursos libres, como Wikipedia e demáis, pero pensando que isto ao final é algo colaborativo, penso que está ben que toda a xente que queira poda contribuir. Por iso aproveito esta comunidade, para que, se queredes, podedes enviar as vosas fotografías coas seguintes restriccións:

  • Preferiblemente en formato webp o avif, pero me vale calquer formato libre ou compatible con GIMP (para recodificalo se fora necesario).
  • A resolución da web aplicase a 2560x720, podedes envialo nesta ou ocupome de recortalo.
  • A licencia da fotografía ten que ser unha licencia libre (por exemplo Creative Common Attributions ShareAlike 4.0). Engadirei a autoría nun pe de páxina acima da imaxe.

Non importa cando o fagades, que vou estar revisando este topic se algunha persoa se anima hahaha.

Saudiños!!