Xa está aquí!!!

derrétese o xeo, a primavera é renovación e cambio, un novo comezo, paxariños e todo iso XD

Comparte unha foto da túa primavera usando o cancelo #FotoSemanal #RetoSemanal (podes darlle ao “+” para seguilo en Mastodon)

Regras de participación abertas a debate.

foto dunha pola dunha árbore con follas amarelas onde o xeo se derrete

foto con licenza CC0 en pixabay

#FotoSemanal

Para participar só tes que RESPONDER a esta mensaxe publicando a túa imaxe:

  • aberto a todo o Fediverso, non só galego
  • durante os próximos 7 días
  • máximo dúas publicacións
  • imaxes tomadas por quen publica a foto DURANTE estos sete días (non ten sentido tirar de arquivo)
  • engadir descrición á imaxe (Alt Text)
  • engade información sobre a licenza (optativo)

Deste xeito tódalas imaxes serán compartidas e estarán agrupadas para poder comentar, valorar e preguntar ás autoras.

Agradécese o RT a esta mensaxe.

  • @sunes
    link
    2
    edit-2
    1 year ago

    A primavera na cidade, con matogueiras floridas e hai un par de horas ao día no que ir en manga curta non te mata.

    #FotoSemanal #RetoSemanal