Reto Fotográfico Semanal
2

Normas de Participación no Reto Fotográfico Semanal

Borrador con proposta das regras básicas do reto fotográfico

  • cunha conta do fediverso ou do foro subscribirse a @fotografia@foros.fediverso.gal para recibir avisos e mensaxes novas, comentar ou compartir as fotografías.
  • fotografía realizada pola usuaria que a publica durante a semana do reto. Trátase de un divertimento, non dun concurso.
  • as fotografías pertencen a quen as publica.
  • as fotografías deben respectar as NORMAS de convivencia de foros.fediverso.gal, non admitindo fografías e mensaxes que atenten contra a dignidade das persoas podendo a administración tomar as accións que se estimen oportunas en todo momento.
  • realizada con calquera dispositivo, “editada” ou non.
  • formato e proporcións libres, non sendo recomendable fotografías de moi alta resolución que enlentezan a carga da web e dificulten a visualización.
  • a visibilidade da publicación deberá ser pública
  • máximo DÚAS fotografías por participante e semana
  • engadir NSFW se a temática o require
  • engadir descrición AltText para persoas con deficiencias visuais e lectores de pantalla
  • posibilidade de engadir texto á publicación para dar contexto ou explicar os motivos da fotografía
  • participación aberta a todo o fediverso, independentemente do servidor onde teñas a túa conta
  • a participación realízase respondendo á mensaxe orixinal publicada por @fotografia@foros.fediverso.gal coa proposta semanal desde calquera conta compatible do fediverso: mastodon, pleroma, pixelfed,lemmy,…
  • o reto durará unha semana desde a data de publicación do mesmo (venres?). Debería ser quincenal, mensual,…?
  • utilizar cancelo #FotoSemanal #RetoSemanal … na publicación para axudar a espallar o grupo
  • o tema do reto pódese someter a votación na semana previa ou quen se encargue da publicación ir elexindo un tema que considere axeitado

podes responder a esta mensaxe para facer constar a túa opinión e facer propostas

as regras quedarán fixadas no foro e estarán suxeitas ás modificacións que resulten acordadas

@sunes
link
fedilink
214 días

Hai reto da semana 11?

Sunesina
link
fedilink
2un mes

@ghose Xa estou coa conta persoal por aquí :) Vou ler ben as condicions do reto. Grazas!!!

ghose
link
fedilink
1un mes

@ghose@foros.fediverso.gal

este venres, a xeito de proba, publicarei unha mensaxe no foro con título

Semana 8 - Entroido

súper orixinal 🤣

Así podemos probar a responder A ESA mensaxe coas fotografías para que aparezan e vemos o mellor xeito de facelo (ver e propoñer normas respondendo a este fío)

Participación aberta a todo o fediverso #RetoSemanal

CC/

@Jorganes @petogalego

O Peto galego
link
fedilink
1
edit-2
un mes

@ghose @ghose@foros.fediverso.gal @Jorganes Beeeen! :) Mirarei de participar coa miña conta persoal :) Grazas!

Fotografía
!fotografia
Create a post
  • 3 users online
  • 1 user / day
  • 2 users / week
  • 6 users / month
  • 9 users / 6 months
  • 13 subscribers
  • 7 Posts
  • 32 Comments
  • Modlog