Boas a todes. Quero estrear estos foros facendo un pouco de transparencia e indicandovos (sobre todo para as persoas que contribuiron) o que nos chegou de doazóns, información da infraestructura e certos temas de moderación:


Con respeto ao padroado, este mes tivemos 26 persoas que contribuiron totalmente con 209,37 € de doazóns (223,99 € menos impostos e comisións polos servizos). A continuación tedes un resumo en gráficos das doazóns aportadas e a cantidade doada por día:

Doazóns por día no mes de novembro de 2022: día 10, 4, día 11, 11, día 12, 3, día 14, 1, día 15, 1, día 16, 2, día 18, 2, día 19, 1, día 21, 1, día 23, 1, día 24, 1, día 25, 1

Cantidade doada por día no mes de novembro de 2022: día 10, 48 €, día 11, 39 €, día 12, 3 €, día 14, 8 €, día 15, 10 €, día 16, 12,99€, día 18, 70€, día 19, 20€, día 21, 1 €, día 23, 1 €, día 24, 1 €, día 25, 10 €

NOTA: non se inclue dende o 1 ao 10 de novembro porque o Ko-Fi abriuno o día 10.


Agora, con respecto aos custes, entre migracións e cambo de CPU, aumentou un pouco, istos son os desgloses:

DigitalClouding (Plataforma de servizos):

  • Servidores: 25,76 €
  • Espazo S3 (disco duro de 250GB): 4,76 €
  • Backups: 5,15 €
  • Total (+ IVA): 44,29 €

SendInBlue:

  • Envío de mensaxes electrónicos: 22,99 €

NOTA: non incluo servizos de clouding.io e dominio porque neste mes non se pagou nada diso


Con respeto a temas moderación:

  • Suspendeuse a federación de mastodon.gal coa instancia novoa.nagoya porque o seu adminstrador ten ideas lgtbfobas.
  • Suspendeuse a conta wallstwolverine da instancia mastodon.la dende dentro do dominio mastodon.gal por publicar contido automático do usuario de Twitter wallstwolverine, o cal incumple as nosas normas.
  • Suspendeuse a conta SocraticEthics da instancia mastodon.online dende dentro do dominio mastodon.gal por publicar contido a páxinas que incumpren as nosas normas.
  • Suspendeuse a federación de mastodon.gal coa instancia soapbox.midwaytrades.com porque presenta contido xenófobo e de extrema dereita
  • Suspendeuse a federación de mastodon.gal coa instancia mastodon.cf porque o seu administrador en ideas lgtbfobas e perigosas (antivacina, de extrema dereita, etc.)

Saúdos e ata a próxima!!

  • @hugo
    link
    22 years ago

    ¿Poderiamos ver algunha gráfica da evolución do número dos usuarios activos? Teño curiosidade por ver o pico e se a xente aguantou ou marchou.