Reto fotográfico Semana 8 - Entroido

festa do cocido en Lalín, 2020

Crédito @corralfoto@mastodon.gal/EFE , Lalín 2020

Subscríbete a @fotografia@foros.fediverso.gal coa túa conta Mastodon, Pleroma, Lemmy, PixelFed, … NON precisas unha conta no foro.

Cadra este primeiro reto cunha das semanas máis intensas de celebracións en toda Galicia.

O tema proposto, O Entroido, da pé a múltiples puntos de vista e a estimular a imaxinación.

Para participar só tes que RESPONDER a esta mensaxe publicando a túa imaxe:

  • durante os próximos 7 días
  • máximo dúas publicacións
  • imaxes tomadas por quen publica a foto DURANTE estos sete días (non ten sentido tirar de arquivo)
  • engadir descrición á imaxe (Alt Text)
  • engade información sobre a licenza (optativo)

Deste xeito tódalas imaxes serán compartidas e estarán agrupadas para poder comentar, valorar e preguntar ás autoras.

Esta é a primeira edición do reto semanal, polo que convídote a ler

Presentación e Normas

para facer aportacións ás mesmas, á dinámica da participación, propoñer temas, etc.

Finalmente DALLE A COMPARTIR a esta mensaxe e anima a participar ás túas amizades e contactos independentemente do servidor/servizo no que teñan a súa conta. Anímate a compartir e comentar o traballo das outras persoas participantes.

Grazas.