Reto fotográfico da semana 9 de 2023 - Amencer

Subscríbete a @fotografia@foros.fediverso.gal coa túa conta Mastodon, Pleroma, Lemmy, PixelFed, … NON precisas unha conta no foro.

O amencer, literal ou figuradamente.

foto de meteogalicia

fonte meteogalicia

Para participar só tes que RESPONDER a esta mensaxe publicando a túa imaxe:

  • durante os próximos 7 días
  • máximo dúas publicacións
  • imaxes tomadas por quen publica a foto DURANTE estos sete días (non ten sentido tirar de arquivo)
  • engadir descrición á imaxe (Alt Text)
  • engade información sobre a licenza (optativo)

Deste xeito tódalas imaxes serán compartidas e estarán agrupadas para poder comentar, valorar e preguntar ás autoras.

Presentación e Normas aberttas a debate

para facer aportacións ás mesmas, á dinámica da participación, propoñer temas, etc.

Finalmente DALLE A COMPARTIR a esta mensaxe e anima a participar ás túas amizades e contactos independentemente do servidor/servizo no que teñan a súa conta. Anímate a compartir e comentar o traballo das outras persoas participantes.

Grazas.

    • ghose
      link
      fedilink
      12 years ago

      @nekerafa @ghose@foros.fediverso.gal

      Si, no foro non se ven as fotos das mensaxes 😔 , pero esa mesma mensaxe compartida pola conta da Comunidade @fotografia si que aparece correctamente aquí en mastodon.
      Sinceramente, non sei cal pode ser o problema, pois as mensaxes son “públicas”.

      respecto das mensaxes eliminadas…
      faltan moitas mensaxes porque publiquei eu a modo de exemplo, para que se animase a xente, pero algunha persoa díxome que non lle parecía ben ver a súa foto alí. Así que quiteinas todas.