Este inverno veu mollado, e temos auga por todas partes

Novo reto semanal, onde podemos mirar á auga, ao que significa para a vida, como modifica os nosos hábitos diarios, a súa falta, a súa forma (“be a teapot!!”), flúe como o tempo…

Regras de participación abertas a debate.

foto: unsplash

#FotoSemanal

Para participar só tes que RESPONDER a esta mensaxe publicando a túa imaxe:

  • aberto a todo o Fediverso, non só galego
  • durante os próximos 7 días
  • máximo dúas publicacións
  • imaxes tomadas por quen publica a foto DURANTE estos sete días (non ten sentido tirar de arquivo)
  • engadir descrición á imaxe (Alt Text)
  • engade información sobre a licenza (optativo)

Deste xeito tódalas imaxes serán compartidas e estarán agrupadas para poder comentar, valorar e preguntar ás autoras.

Agradécese o RT a esta mensaxe.

  • ghoseOP
    link
    galego
    2
    edit-2
    1 year ago

    :( desmotívame moito que non se vexan aquí no foro as fotos que publicamos. Podería quedar bonito para calquera que entrase e vise que pode participar, que é simplemente un xeito de estimular a nosa mirada e imaxinación cando imos andando pola rúa, temos un obxecto na man, aburridas no traballo… Eu tiña conta noutro servidor lemmy (foro) e parecía funcionar ben, de ahí esta proposta.

    Calquera pode facer propostas, podes crear un tema na sección co tema da túa elección, ninguén cho vai rebatir :( Por favor, o venres que ven, propón ti un tema. Podemos alternarnos propoñendo.

    Eu participarei :D

    Que non conseguise que media dúcia de persoas participe algunha vez tampouco axuda XD , pero con esto xa contaba (non son eu moi influenser que digamos). Quería mandarlle unha mensaxe a varias persoas de mastodon.gal e outros servidores, pero creo que a participación debe ser non forzada se non porque che apetece.

    Se che parece, vou abrir agora outro tema: a primavera, que oficialmente comeza nesta semana.

    Grazas polas túas palabras, e se cres ou sabes doutro xeito onde promover a participación pois non dubides en compartilo.

    En mastodon funciona ben o seguimento do cancelo #FotoSemanal (buscar e darlle ao signo “+” para seguilo). Pode que, simplemente con iso abonde.

    • @sunes
      link
      galego
      21 year ago

      undefined> Por favor, o venres que ven, propón ti un tema. Podemos alternarnos propoñendo.

      Vale! Podemos irnos alternando no dos temas, e vou ver se atopo a maneira de promocionar isto máis. O de que aquí non se vexan as fotos aquí é unha verdadera mágoa.

    • @sunes
      link
      galego
      11 year ago

      Os outros temas que non propoñas ti, non podo engadilos no post orixinal onde están as normas de participación e a lista de temas. Como facemos iso?

      • ghoseOP
        link
        galego
        21 year ago

        eso podo editalo eu (pois fun quen o escribeu)