Este inverno veu mollado, e temos auga por todas partes

Novo reto semanal, onde podemos mirar á auga, ao que significa para a vida, como modifica os nosos hábitos diarios, a súa falta, a súa forma (“be a teapot!!”), flúe como o tempo…

Regras de participación abertas a debate.

foto: unsplash

#FotoSemanal

Para participar só tes que RESPONDER a esta mensaxe publicando a túa imaxe:

  • aberto a todo o Fediverso, non só galego
  • durante os próximos 7 días
  • máximo dúas publicacións
  • imaxes tomadas por quen publica a foto DURANTE estos sete días (non ten sentido tirar de arquivo)
  • engadir descrición á imaxe (Alt Text)
  • engade información sobre a licenza (optativo)

Deste xeito tódalas imaxes serán compartidas e estarán agrupadas para poder comentar, valorar e preguntar ás autoras.

Agradécese o RT a esta mensaxe.

  • @sunes
    link
    galego
    11 year ago

    Os outros temas que non propoñas ti, non podo engadilos no post orixinal onde están as normas de participación e a lista de temas. Como facemos iso?

    • ghoseOP
      link
      galego
      21 year ago

      eso podo editalo eu (pois fun quen o escribeu)